Xerión - O ultimo sono do druida

Máis aló do circulo de pedra
Está a porta da nosa Eternidade
O voar silencioso do corvo guíanos
A través deste camiño de sufrimento
Na frondosidade do noso recordo
A lira do bardo chora unha despedida
As bágoas do escepticismo
Inundan os nosos aflixidos corazóns, en vano
A miña alma foi enmeigada
Polos sortilexios da
Soidade
Só os máxicos sons da noite
Alentan a miña experiencia coma un mortal
O odio está collendo raices na miña mente
As caveiras dos hipócritas serán esmagadas polas miñas palabras
As xélidas mans da tormenta abrázanme
A súa falsedade será soterrada no sanguento fango
O fogo purificador consume
O seu derradeiro e cálido sorrir
Máxicas criaturas homenaxéan
Enfronte da pila funeraria
O círculo foi competado
Pola invisible escritura do
Destino
Mais a verdade será deformada
Polo inexorable paso do tempo...